O HSV Hamburg é un equipo de balonmán da cidade de Hamburgo, Alemaña. Actualmente compite na máxima categoría do balonmán alemán, a Handball-Bundesliga.
O HSV Hamburgo non é unha sección do Hamburger Sportverein; só ten dereito de empregar o seu logo e as súas siglas para obter máis publicidade. Dende 2008 uniron os seus equipos de categorías inferiores no SG HSV Handball.
Historia O HSV Hamburg é a antiga sección de balonmán do VfL Bad Schwartau e o HSV Lübeck, fusionados en 1999 dando lugar ao SG VfL Bad Schwartau-Lübeck. En 2002 foron realoxados en Hamburgo para medrar e acadar un maior renome. Logo da resituación sufriron problemas financeiros e case perderon a licenza para competir na Primeira Liga de Balonmán de Alemaña.welt.de: HSV Handball: Strenge Auflagen dämpfen Freude Iso cambiou coa chegada de Andreas Rudolph como propietario e coa súa axuda financeira. En 2004 chegou o primeiro título da súa historia ao gañar a Supercopa de Alemaña tras derrotar o SG Flensburg-Handewitt por 24 a 25, sendo subcampión da Copa de Alemaña. En 2008 participou por primeira vez na Liga de Campións e acadou as semifinais, nas que caeu fronte ao BM Ciudad Real na eliminatoria disputada a dobre partido por 27-34 e 32-26. En 2013 o equipo logrou a súa primeira e única Liga de Campións até o momento logo de vencer o FC Barcelona por 20 a 29 no Lanxess Arena de Colonia.
Palmarés 1 Bundesliga: 2011 2 Copa de Alemaña: 2006 e 2010 1 Recopa: 2007 4 Supercopa de Alemaña: 2004, 2006, 2009 e 2010 '''1 Copa de Europa: 2013
Cadro de xogadores da tempada 2015-2016 200px|miniatura|dereita|O expresidente do HSV Andreas Rudolph. 200px|miniatura|dereita|O HSV celebrando un triunfo na tempada 201172012. NºNomeNacionalidadePosición1Johannes Bitter25px|AlemañaPorteiro2Kevin Schmidt25px|AlemañaExtremo esquerdo3Stefan Schröder25px|AlemañaExtremo dereito5Draško Nenadić25px|SerbiaLateral esquerdo6Casper Ulrich Mortensen25px|AlemañaExtremo esquerdo7Matthias Flohr25px|AlemañaExtremo esquerdo9Piotr Grabarczyk25px|PoloniaPivote11Allan Damgaard25px|DinamarcaCentral12Jens Vortmann25px|AlemañaPorteiro14Ilija Brozović25px|CroaciaPivote16Justin Rundt25px|AlemañaPorteiro18Hans Lindberg25px|DinamarcaExtremo dereito19Tom Wetzel25px|AlemañaLateral esquerdo20Maciej Majdziński25px|PoloniaCentral21Tim-Oliver Brauer25px|AlemañaPivote23Pascal Hens 13px25px|AlemañaLateral esquerdo24Dener Jaanimaa25px|EstoniaLateral dereito25Davor Dominiković25px|CroaciaLateral esquerdo26Adrian Pfahl25px|AlemañaLateral dereito28Felix Mehrkens25px|AlemañaExtremo esquerdo43Alexander Feld25px|AlemañaCentral
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do HSV Hamburg
Hamburg