Inés Ballester, nada en Borriana (Castelló) o 28 de setembro de 1958, é unha xornalista e presentadora española.

Traxectoria Licenciada en Xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona, iniciou a súa carreira na Cadena SER para pasar despois ao magacín diario de Radio Nacional de España. Logo duns anos deu o salto á televisión, primeiro no centro territorial de TVE en Valencia, como xefa de programas e despois en Canal 9 e Telemadrid. Tras tres anos en Telemadrid, foi fichada en Antena 3 en 1997. En 2001 volveu a TVE onde presentou o programa matinal Por la mañana, xunto con Iñaki del Moral, durante seis tempadas. O programa despediuse en marzo de 2008.

Con todo, pouco despois, Ballester asume outro matinal en La 1, neste caso os fins de semana, baixo o título El día por delante, estreado o 24 de maio de 2008. O programa, con todo, despediuse o 2 de agosto, sen chegar aos tres meses en pantalla, tras acumular unha cota de pantalla do 11,3%, por baixo da media da cadea.

Entre xaneiro e decembro de 2010 co-presentou, xunto a Carmen Sevilla, o programa Cine de barrio.

Desde 2009 colabora no programa Julia en la onda, en Onda Cero, xunto a Julia Otero.

En outubro de 2011 incorpórase á cadea 13 TV, presentando o magazine diario Te damos la mañana. Un ano máis tarde estreaba o programa Nuestro cine na mesma cadea.

Ballester escribiu dous libros de receitas de cociña titulados Cocina con corazón e Cocina con más corazón, ambos cos editorial Temas de hoy, que inclúe algunhas das mellores receitas que deu no seu programa.

No verán de 2012 dáse a coñecer que Inés está a se tratar dun cancro de mama, enfermidade da que foi intervida cirurxicamente de urxencia na Fundación Jiménez Díaz.

O 18 de xaneiro de 2013 publícase que Inés contrae matrimonio por segunda vez, aínda que este extremo é desmentido por ela mesma.

Desde o 7 de xullo ao 1 de setembro de 2014 fíxose cargo de La mañana de verano en La 1 cubrindo as vacacións de Mariló Montero.

Desde o 2 de setembro de 2014, presenta nesa mesma cadea o espazo Amigas y conocidas.

Televisión Sucedió en Madrid (1994-1997) En Antena (1997-1998) Ver Para Creer (1999), xunto a Liborio García Sabor a verano en Antena 3 (1999) El Bus en Antena 3 (2000) Flashback (2002) Ay, mi madre en La 1(2002) Por la mañana en La 1 (2002-2008) El día por delante (2008) Cine de barrio en La 1 (2010) co-presentadora Sin ir mas lejos en Aragón Televisión (2010- ) Colaboradora Sacalalengua en La 2 (2011) Te damos la mañana en 13 TV (2011-2012) Nuestro Cine en 13 TV (2012 - actualidade) La mañana de Verano en La 1 (2014) Amigas y conocidas, en La 1 (2014-actualidade).

Libros Cocina con corazón (2006). Temas de Hoy. ISBN 978-84-8460-549-2Cocina con más corazón (2006). Temas de Hoy. ISBN 978-84-8460-602-4Cocina cada día con corazón (2007). Temas de Hoy. ISBN 978-84-8460-637-6Cocina cada día con corazón (2008). Temas de Hoy. ISBN 978-84-8460-532-4

Premios Antena de Ouro (2005), na categoría de Televisión, polo seu labor no programa Por la mañana''.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas 20minutos.es

Categoría:Xornalistas da Comunidade Valenciana Categoría:Presentadores de televisión da Comunidade Valenciana Categoría:Nados en Borriana Categoría:Nados en 1958 Categoría:Presentadores de Televisión Española