A epanadiplose é unha figura retórica consistente en facer coincidir a primeira palabra dun verso e a última dese verso ou do verso seguinte, ou sexa, en repetir unha palabra ao principio e ao final dunha frase, dun verso ou dunha serie de versos.
Exemplos
En "Campanas de Bastavales" (Cantares Gallegos, Rosalía de Castro):
corren nubes, nubes corren
Obsérvese que tamén hai quiasmo.
En "Chove, chove..." (Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro)
Chove, chove na casa do probe e no meu corazón tamén chove
Véxase tamén Figura estilística
Categoría:Retórica e figuras da lingua