The Pogues é unha banda anglo-irlandesa de celtic punk (estilo musical que fusiona o punk-rock coa música tradicional irlandesa) xurdida a principios dos anos '80 en Londres (Inglaterra) baixo o nome Pogue Mahone, unha anglicisación da expresión irlandesa póg mo thóin, que literalmente significa Bícame o cu.BBC - Radio 2 - Documentaries - Pogue Mahone: The Story of the Pogues Outro dos nomes pensados para a banda foi The Men They Coudn't Hang.
Historia A banda creouse en 1982 liderada por Shane MacGowan e tivo un grande éxito dende mediados da década dos '80 ata os inicios dos '90. Neses anos, MacGowan abandonou o grupo a causa dos seus problemas co alcohol, mais a banda continuou a súa andaina, primeiro con Joe Strummer (antigo líder de The Clash), e posteriormente con Spider Stacy como cantantes ata a disolución do grupo en 1996.
No 2001 a banda reuniuse novamente, dando concertos de xeito regular e publicando varios discos en directo e recompilatorios, aínda que sen editar ningún álbum de estudio novo.
A súa música ten unha mensaxe política, influenciada por The Clash, coa esencia da máis pura música tradicional irlandesa, con instrumentos como tin whistle, o banjo, a mandolina, o acordeón ou o bodhrán. Durante o período que Shane MacGowan deixou a banda, os instrumentos de base eléctrica gañaron máis importancia.
Discografía Álbums de estudio Red Roses for Me - 1984 Rum, Sodomy, and the Lash - 1985 If I Should Fall From Grace With God - 1988 Peace and Love - 1989 Hell's Ditch - 1990 Waiting for Herb - 1993 Pogue Mahone - 1996
EPs Poguetry in Motion - 1986 Yeah Yeah Yeah Yeah Yeah - 1990
Directos e recompilatorios The Best of the Pogues - 1991 The Rest of The Best - 1992 The Very Best Of The Pogues - 2001 Streams of Whiskey: Live in Leysin, Switzerland 1991 - 2002 The Ultimate Collection including Live at the Brixton Academy 2001 - 2005 Just Look Them Straight In The Eye and Say... POGUE MAHONE!! (Antoloxía/Caixa de rarezas) - 2008
Videografía The Pogues: Live at The Town & Country Club St Patricks Day 1988 2004 Untitled Pogues Live Reunion Concert 2006–2007 ''Untitled Pogues Film/Documentary" 2006–2007
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial do grupo Sitio web oficial de Shane MacGowan Artigo sobre a banda en The Guardian The Pogues en myspace Vídeos de The Pogues
Categoría:Grupos musicais de Irlanda Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais formados en 1982