A tempada 2008-2009 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 42 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular comezou o 21 de setembro do 2008, e durante as 18 xornadas da competición enfrontou entre si ós 10 equipos que compoñen a liga, ata o 19 de abril do 2009, data na que rematou o campionato, coa vitoria final de CRC Madrid por quinta vez na súa historia.

O Club de Rugby El Salvador era o defensor do título logrado na anterior tempada. Os dous novos equipos na categoría foron o Club de Rugby La Vila e o Club de Rugby Les Abelles, que ocuparon os lugares de FC Barcelona e Club Alcobendas Rugby.

Equipos Equipo EstadioCidadeClub de Rugby Les AbellesCampo del Río TuriaValenciaCRC MadridValle de las CañasMadridClub de Rugby El SalvadorCampos de Pepe RojoValladolidClub de Rugby CienciasLa CartujaSevillaGetxo Rugby TaldeaCampo de UrbietaGetxoOrdizia Rugby ElkarteaFernando TrevijanoOrdiziaClub de Rugby La VilaCampo de El PantanoLa Vila JoiosaBera Bera Rugby TaldeaMiniestadio de AnoestaDonostiaValladolid RACCampos de Pepe RojoValladolidUE SantboianaBaldiri AleuSant Boi de Llobregat

Clasificación

División de Honra — Tempada 2008/09PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.Bonus 1 CRC Madrid 79 18 17 0 1 11 2 CR El Salvador 68 18 14 0 4 12 3 CR Ciencias 48 18 11 1 6 2 4 VRAC 41 18 7 2 9 9 5 UE Santboiana 38 18 8 1 9 4 6 Bera Bera RT 36 18 7 1 10 6 7 Ordizia RE 36 18 6 2 10 8 8 CR La Vila 35 18 6 0 12 11 9 CR Les Abelles 32 18 6 0 12 8 10 Getxo RT 25 18 4 1 13 7A vitoria vale 4 puntos e o empate 2. Os bonus, dun punto cada un, danse por conseguir 4 ensaios ou máis, e por perder por 7 puntos ou menos.

<<<< 2007/08 — Tempadas — 2009/10 >>>>

En azul o campión de liga (1º). En rosa a posición de promoción de permanencia (9º). En vermello as posicións de descenso directo (10º).<noinclude>

Datos finais do campionato:

CRC Madrid conseguiu o campionato nacional de liga, con 79 puntos en 18 xornadas. Foi o 5º título de liga para o club, contando os campionatos acadados co nome antigo, Real Canoe. O último clasificado, Getxo, descendeu de categoría. Les Abelles evitou o descenso nunha eliminatoria fronte ó Atlético Portuense. O centro surafricano Ryan Pierre Le Roux, do La Vila, liderou a táboa de ensaiadores da liga, con 12 ensaios. O equipo Gernika Rugby Taldea, da División de Honra B, conseguiu o ascenso para competir na tempada 2009-10 na División de Honra.

Véxase tamén Outros artigos Heineken Cup 2008-09

Ligazóns externas http://www.ferugby.com

Categoría:Rugby en 2009 Categoría:División de Honra de Rugby