You're Living All Over Me é o segundo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Dinosaur Jr., editado o 14 de decembro de 1987 a través do selo SST Records. O disco foi chamado así por unha frase que pronunciou o líder J Mascis mentres estaba de xira coa banda.
No ano 2005 foi colocado no posto 31 da lista da revista Spin dos 100 mellores álbums entre 1985 e 2005. O traballo foi lanzado orixinalmente cando a banda aínda era coñecida como Dinosaur, antes de que unha demanda obrigase a cambiar o nome por Dinosaur Jr. O álbum foi relanzado por SST poucos meses despois da súa publicación, e as novas copias foron impresas xa co nome Dinosaur Jr.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Dinosaur Jr. Categoría:Álbums musicais de 1987 Categoría:Álbums producidos por Wharton Tiers Categoría:Álbums de Merge Records Categoría:Álbums de SST Records