A rexión Sur é unha das cinco grandes rexións nas que encontra dividido o Brasil. Comprende os estados do Paraná, Rio Grande do Sul e Santa Catarina, que xuntos totalizan unha superficie de 576.409,6 km². A rexión Sur é a menor das rexións brasileiras, e forma parte da rexión xeoeconómica Centro-Sur.

Ecomomía É un grande polo turístico, económico e cultural, abranguendo grande influencia europea, principalmente de orixe italiana e xermánica. Presenta bos índices sociais en varios aspectos: posúe o maior IDH do Brasil, 0,831, e o terceiro maior PIB per cápita do país, 18.257,79 reais, atrás apenas da Rexión Sueste e da Rexión Centro-Oeste.

Xeografía Fai fronteiras co Uruguai polo sur, coa Arxentina e co Paraguai polo oeste, coa rexión Centro-Oeste e Sueste polo norte e co océano Atlántico polo leste.

Historia A súa historia está marcada pola grande inmigración europea, pola Guerra dos Farrapos, tamén chamada de Revolución Farroupilla e máis recentemente pola Revolución Federalista, co seu principal evento o Cerco da Lapa. Outra revolta ocorrida na historia da rexión foi a Guerra do Contestado, de carácter relixioso.

No primeiro de outubro de 2016 realizouose un referendo coñecido como Plebisul, que tivo apenas unha adesión do 2.91% da poboación.

Notas

Véxase tamén

Historia do Brasil Rexións do Brasil Referendo de independencia

Sur