José Salomón Rondón Giménez, nado en Caracas o 16 de setembro de 1989, é un futbolista venezolano. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Málaga Club de Fútbol.
Traxectoria Comezou a súa carreira profesional no Aragua Fútbol Club co que debutou na máxima categoría do fútbol venezolano á idade de 16 anos en 2006. O 21 de xullo de 2008 a Unión Deportiva Las Palmas da Segunda División de España, fíchao por tres tempadas, con opción a unha cuarta. Tras algúns problemas coa súa fichaxe, finalmente é presentado o 10 de agosto de 2008 no Estadio de Gran Canaria.
Logo de dúas tempadas co Las Palmas, o 19 de xullo de 2010 faise oficial a fichaxe de Rondón polo Málaga Club de Fútbol de Primeira División, por uns 3,5 millóns de euros, ademais de conseguir unha cláusula de recisión de 20 millóns, sendo así a fichaxe máis cara na historia do Málaga para ese entón.
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoCopa VenezuelaAragua Fútbol ClubVenezuela2007
Campionatos amigables TítuloClubPaísAnoTorneo de San GinésUD Las PalmasEspaña2008Torneo Deputación Provincial de CórdobaUD Las PalmasEspaña2009Trofeo Ciudad de Las Palmas de Gran CanariaUD Las PalmasEspaña2009
Distincións individuais DistinciónAnoXuvenil do Ano da Primeira División de Venezuela2007/08
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Rondón no sitio web oficial do Málaga Estatísticas FIFA de José Rondón
Categoría:Futbolistas de Venezuela Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Aragua FC Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Nados en 1989 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Venezuela Categoría:Nados en Caracas Categoría:Xogadores do FC Rubin Kazan Categoría:Xogadores do FC Zenit San Petersburgo Categoría:Xogadores do West Bromwich Albion FC Categoría:Xogadores do Newcastle United FC Categoría:Xogadores do Everton FC Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Xogadores do Pachuca CF Categoría:Xogadores do PFC CSKA Moscova