Ladrón de bicicletas (en ) é un filme de 1948 dirixido por Vittorio De Sica. Obra mestra do neorrealismo italiano, e a máis coñecida da triloxía de De Sica, xunto a Umberto D. e Milagre en Milán.

Foi emitido en galego pola Televisión de Galicia o 17 de abril de 2022.SincroGuía TV

Sinopse Na Roma da posguerra, un obreiro en paro consegue un sinxelo traballo pegando carteis a condición de que teña unha bicicleta, pero o problema é que a súa bicicleta empeñouna, polo que a súa primeira tarefa será recuperala.

Unha vez montado na súa bicicleta comeza a traballar, pero ocorre que non pasou sequera nin un día de traballo cando lle rouban a bicicleta e con ela o seu futuro. Dende ese intre e ata o final do filme a historia o protagonista xunto co seu fillo e algúns amigos, buscarán infrutuosamente recuperar a bicicleta roubada. A escena final amósanos ante o dilema moral no que o protagonista se ve obrigado a converterse el mesmo nun ladrón.

Personaxes Lamberto Maggiorani como Antonio Ricci. Enzo Staiola como Bruno Ricci, fillo de Antonio. Lianella Carell como Maria Ricci, muller de Antonio. Gino Saltamerenda como Baiocco, amigo de Antonio. Vittorio Antonucci como Ladrón de bicicletas. Giulio Chiari como Beggar.

Galardóns e nomeamentos 1949: Nomeada ó Oscar: Mellor guión. Premio Honorífico ó Mellor filme estranxeiro. 1949: Globo de Ouro: Mellor filme estranxeiro. 1949: BAFTA: Mellor filme. 1949: 6 premios do Sindicato Nacional de periodistas italianos, incluíndo, filme, director. 1949: 2 premios National Board of Review: Mellor filme, director. 1949: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor filme estranxeiro.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Bicycle Thieves en Criterion

Categoría:Filmes de 1948 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por Vittorio De Sica Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes de 1948 con versión en galego Categoría:Óscar honorífico