Juan Carlos Aduviri Lima, nado en 1976 en El Alto (Bolivia), é un actor cinematográfico e mestre boliviano. Aduviri saltou á fama ó conseguir o papel principal en También la lluvia, filme de Icíar Bollaín rodado en Bolivia. Coa súa actuación acadou un nomeamento ó Premio Goya como mellor actor revelación polo seu papel no filme. Tamén apareceu no filme español Oro de 2017, ambientado na colonización das Américas.
Traxectoria É o sexto de sete irmáns no seo dunha familia aimará, estudou secundaria na cidade de El Alto. Ademais, realizou estudos de cinematografía na Escola Municipal de Artes de El Alto, onde é mestre. Foi galardoado como mellor actor no Festival de Cine Les Arcs de Francia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha na IMDb
Categoría:Actores de cinema de Bolivia Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Bolivia Categoría:Bolivianos de ascendencia aimará