O acrosoma é un orgánulo que se encontra na parte anterior da cabeza dos espermatozoides de moitos animais. Ten forma de carapucha e deriva do aparato de Golgi. Nos mamíferos euterios o acrosoma contén encimas dixestivos, entre os que se inclúen a hialuronidase e a acrosina. Estes encimas rompen a capa de células que rodea o óvulo e a membrana externa que o protexe, chamada zona pelúcida, permitindo que o núcleo haploide do espermatozoide penetre na célula e poida unirse ao núcleo haploide do óvulo. Xeralmente colaboran no proceso de acceso e perforación da zona pelúcida varios espermatozoides á vez.

A liberación do contido do acrosoma ou reacción acrosómica pode estimularse in vitro por substancias que un espermatozoide pode atopar de forma natural, tales como proxesterona ou fluído folicular, e tamén polo máis habitualmente usado ionóforo de calcio A23187. Isto faise comunmente cando se quere facer un control positivo para valorar a reacción acrosómica dunha mostra de esperma por citometría de fluxo Miyazaki et al. Archives of Andrology 25:243-251 (1990) ou por microscopía de fluorescencia. Previamente hai que tinguir cunha lectina fluoresceinada como a FITC-PNA, FITC-PSA, FITC-ConA, ou un anticorpo fluoresceinado como o FITC-CD46.Carver-Ward et al. Journal of Assisted Reproduction and Genetics, Vol. 14, no. 2, 1997 miniatura|centro|550px|Esquema dun espermatozoide humano O acrosoma fórmase durante o proceso da espermatoxénese, a partir da fusión de vesículas procedentes do aparato de Golgi, orgánulo onde se encontran os encimas acrosómicos. Nas primeiras fases da espermioxénese, o acrosoma preséntase en forma de vesícula acrosomal ou proacrosomal. Tras a condensación do núcleo celular, a vesícula diríxese ao extremo apical da cabeza do espermatozoide en formación e presenta forma piramidal. O acrosoma está limitado pola membrana acrosomal externa (pegada á membrana celular) e pola membrana acrosomal interna (pegada á membrana nuclear).

Nos casos de globozooespermia (espermatozoides con cabezas redondas) o aparato de Golgi non se transforma en acrosoma, o que é causa de infertilidade masculina.Page 155 in:

Notas

Categoría:Orgánulos Categoría:Bioloxía celular