Ingeborg María Rossel, coñecida como Luz Rossel, nada en Ostende (Bélxica) o 3 de xuño de 1968, é unha política galega.
Traxectoria Cursou estudos de historia e na actualidade forma parte dunha cooperativa que se dedica á produción de conservas ecolóxicas, traballos forestais e labores de restauración. Ten dous fillos e vive no lugar de Ernes na parroquia de San Pedro de Ernes. É membro en asociacións de veciños, de mulleres e de desenvolvemento de Negueira de Muñiz.
Foi elixida concelleira do concello de Negueira de Muñiz polo BNG nas eleccións municipais de 2003 e 2007, e nas municipais de 2011 foi a candidata á alcaldía polo mesmo partido.
Nas eleccións municipais de 2011 levou a cabo o primeiro mitin político que coñeceu Negueira de Muñiz en moito tempo; que coincidiu cun día de mercado na vila de Negueira, xuntando á metade do censo do concello.
Categoría:Concelleiros de Negueira de Muñiz Categoría:Nados na provincia de Flandres Occidental Categoría:Nados en 1968 Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia