A sinestesia é un tropo que consiste en mesturar elementos que se corresponden con percepcións de diferentes sentidos "fría mirada" ou tamén sentimentos con percepcións sensoriais (visuais, olfactivas, gustativas...) como "amarga vitoria", "doce vinganza".

Exemplos Dous exemplos tirados da literatura galega poderían ser as frases: "Primaveras amargas" ou ben "áxiles cadros", da pluma de Manuel Antonio, na súa obra de poesía de vangarda titulada De catro a catro.

Na obra Ás de bolboreta (2009) de Rosa Aneiros, podemos atopar un parágrafo construído sobre a figura da sinestesia aplicada para a descrición da voz de Ana, unha das personaxes:

Notas

Véxase tamén Outros artigos Figura estilística

Categoría:Retórica e figuras da lingua