José María Ortega Cano, nado en Cartagena o 27 de decembro de 1953, é un toureiro español retirado
Traxectoria Está considerado un toureiro de corte clásica. Tomou a alternativa en Zaragoza en 1974 e converteuse nunha das principais figuras da tauromaquia durante os anos 1980 e primeiros anos 1990. Obtivo importantes triunfos en Las Ventas de Madrid, de onde saíu ao carricho en catro ocasións e onde en 1982 lidou a Velador, o único touro indultado nesta praza. Viviu tamén a cara amarga do toureo, sufrindo diversas collidas de enorme gravidade.
Foi fortemente criticado por algunhas das súas actuacións durante os seus últimos anos como matador, nos que adquiriu gran popularidade mercé ao seu matrimonio coa cantante Rocío Jurado.
Vida persoal Casou o 17 de febreiro de 1995 coa cantante Rocío Jurado, en Castilblanco de los Arroyos. En decembro de 1999 adoptaron dous nenos, José Fernando (1993) e Gloria Camila (1996), que naceran en Colombia. Enviuvou ao finar Rocío Jurado en 2006 por cousa dun cancro de páncreas; casou de segundas en 2018 con Ana María Aldón, coa que levaba varios anos de noivado, e tiveron un fillo, José María (2013).
En 2011, mentres guiaba o seu coche, borracho e a máis velocidade da permitida, matou un home que ía noutro automóbil. Como consecuencia, foi xulgado e condenado a dous anos, seis meses e un día de prisión por homicidio imprudente e condución temeraria. Logo dun ano e un mes no cárcere de Zaragoza, concedéronlle o grao de semiliberdade.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha Tribunal Supremo
Categoría:Toureiros de España Categoría:Nados en Cartaxena Categoría:Nados en 1953