miniatura|dereita|Tripanosomas no sangue. Estes protozoos conteñen glicosomas. Os glicosomas son orgánulos celulares do grupo dos microcorpos relacionados cos peroxisomas Flaspohler, J.A., W.L. Rickoll, S.M. Beverley, and M. Parsons. 1997. Functional identification of a Leishmania gene related to peroxin 2 reveals common ancestry of glycosomes and peroxisomes. Mol. Cell. Biol. 17(3):1093-1101. , que se encontran nos protozoos cinetoplástidos como os tripanosomas produtores da enfermidade do sono ou en Leishmania. Os glicosomas están rodeados de membrana e encerran unha matriz proteica densa, que contén encimas da glicólise. Os Trypanosoma brucei que se encontran no sangue humano dependen exclusivamente da glicólise para a produción de ATP, xa que neles esta vía metabólica non funciona correctamente no citosol, e os seus encimas deben estar compartimentalizados no glicosoma. Están facéndose moitas investigacións sobre os glicosomas con vistas a utilizalos como o obxectivo de posibles terapias farmacolóxicas que os alteren.
Notas
Categoría:Orgánulos Categoría:Bioloxía celular Categoría:Protistas