Adriano Correia Claro, nado en Curitiba (Paraná) o 26 de outubro de 1984, é un futbolista brasileiro nacionalizado español. Xoga de lateral e o seu actual equipo é o Futbol Club Barcelona.

Traxectoria Naceu na cidade brasileira de Curitiba, onde empezou a xogar desde moi novo. Con 8 anos o seu pai, Athaide, animoulle a intentar xogar coa súa perna esquerda tras sufrir unha lesión na súa perna dereita. Adriano Correia é destro, pero adoita xogar pola banda esquerda.

O seu primeiro equipo profesional foi o Coritiba Foot Ball Club, no que debutou antes de cumprir os 18 anos.

En xaneiro de 2005 chegou ao Sevilla FC, club da Primeira División de España, a metade de tempada no mercado invernal. Co club hispalense disputou máis de 200 partidos nos que marcou 19 goles.

Tras a súa estancia de case 6 anos no club de Nervión, o venres 16 de xullo de 2010 fíxose oficial a súa fichaxe polo FC Barcelona por 9,5 millóns de euros, uníndose así aos seus compatriotas Daniel Alves e Maxwell. Adriano, que utilizaba o dorsal número 6 no Sevilla FC, ocupa o 21 que deixou Dmytro Chygrynskiy tras o seu regreso ao FC Shakhtar Donetsk ucraíno.

O 2 de febreiro de 2011, Adriano marca o seu primeiro gol co FC Barcelona, nas semifinais de volta da Copa do Rei contra o UD Almería, partido que terminaría por 3 a 0 a favor do conxunto catalán.

Selección nacional Participou na Copa Mundial de Fútbol Xuvenil de 2003 coa Selección brasileira, conseguindo finalmente o título tras vencer a España na final por 1 a 0.

En 2004 formou parte da Selección brasileira absoluta que gañou a Copa América 2004, celebrada ese ano no Perú.

En total, xogou 9 partidos internacionais, nos que non marcou ningún gol.

Clubs e estatísticas

ClubTempadaLigaCopaComp. ContinentalOutrosTotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesCoritiba20px|border2002-2004812------812Total 81 2 - - - - - - 81 2Sevilla FC20px|border2004/05162--41--2032005/0632300133--4562006/0726230111104132007/08291--60--3512008/092936151--4052009/102704041--351 Total 15311 13 1 4371 0 21619FC Barcelona20px|border2010/11 2- -1--2021 Total 2 0- - --20 20Total carreira 236 13 13 1 43 7 3 0 299 21<small>Datos correspondentes a 11 de outubro de 2010

Palmarés

Campionatos nacionais

TítuloClubPaísAnoCampionato ParanaenseCoritiba Foot Ball Club Brasil2003Campionato ParanaenseCoritiba Foot Ball Club Brasil2004Copa do ReiSevilla FC España2007Supercopa de EspañaSevilla FC España2007Copa do ReiSevilla FC España2010Supercopa de España FC Barcelona España2010Liga EspañolaFC Barcelona España2011

Campionatos internacionais TítuloClubPaísAnoCopa Mundial de Fútbol Sub-20Selección brasileira Brasil2003Copa AméricaSelección brasileira Brasil2004Copa da UEFASevilla FC España2006Supercopa de EuropaSevilla FC España2006Copa da UEFASevilla FC España2007Liga de Campións da UEFAFC Barcelona España2011

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Datos do xoagdor en fcbarcelona.com Datos do xogador en bdfutbol.com Ficha de Adriano en as.com

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados no estado do Paraná Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Coritiba FC Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Beşiktaş JK Categoría:Xogadores do CA Paranaense Categoría:Xogadores do KAS Eupen Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América