Maxwell Scherrer Cabelino Andrade, nado o 27 de agosto de 1981 en Cachoeiro de Itapemirim (Espírito Santo), é un futbolista brasileiro. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o Paris Saint-Germain FC.

Traxectoria Comezou a súa carreira profesional no Cruzeiro, para en 2001 fichar polo Ajax. Tras cinco tempadas, ficha polo Inter, sendo cedido ao Empoli. En xullo de 2006, Inter anunciou oficialmente a firma de Maxwell cun contrato de catro anos. O 15 de xullo de 2009, o Inter chegou a un principio de acordo co FC Barcelona para o traspaso do xogador por 4,5 millóns de euros e 0,5 máis variables.elmundodeportivo.es O Barça chega a un acordo con Maxwell (Inter) , consultado en xullo de 2009 Asinou o seu contrato co Barcelona por 4 anos con opcion a 1 mais, foi presentado o 17 de xullo.Maxwell: felicidade en azulgrana . FCBarcelona.cat. Consultado o 17 de xullo de 2009.

Comezou a tempada 2009/2010 gañando tres títulos; Supercopa de España, Supercopa de Europa, e Copa Mundial de Clubs da FIFA, e vaise facendo habitual no once titular de Pep Guardiola xogando tanto de lateral como de interior zurdo, ao termo desta campaña conquista a Liga Española. A tempada 2010/2011 empeza gañando a Supercopa de España.

O 12 de xaneiro de 2012, chegou a un acordo co Paris Saint-Germain FC por tres anos, a cambio de 4 millóns de euros. Fixo o seu debut contra o Toulouse FC, na vitoria do PSG por 3-1, xogando os 90 minutos.

Fai 7 anos morreuse un dos seus dous irmáns. En honra do seu irmán fíxose a tatuaxe que leva na parte posterior do bíceps. Grazas á relixión e á súa paixón polo fútbol conseguiu saír adiante. . Ten tres fillas.

Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoEredivisieAjax FCPaíses Baixos2002KNVB CupAjax FCPaíses Baixos2002Supercopa dos Países BaixosAjax FCPaíses Baixos2003EredivisieAjax FCPaíses Baixos2004KNVB CupAjax FCPaíses Baixos2006Supercopa dos Países BaixosAjax FCPaíses Baixos2006Serie AFC Inter MilánItalia2007Supercopa de ItaliaFC Inter MilánItalia2007Serie AFC Inter MilánItalia2008Serie AFC Inter MilánItalia2009Supercopa de ItaliaFC Inter MilánItalia2009Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2009Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2010Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2010Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2011Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2011

Copas internacionais TítuloClubPaísAnoSupercopa de EuropaFC BarcelonaEspaña2009Copa Mundial de Clubs da FIFAFC BarcelonaEspaña2009Liga de Campións da UEFAFC BarcelonaLondres (Reino Unido)2011Supercopa de EuropaFC BarcelonaEspaña2011Copa Mundial de Clubs da FIFAFC BarcelonaEspaña2011

Distincións individuais DistinciónAnoFutbolista do ano nos Países Baixos2004

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Maxwell no sitio do FC Barcelona

Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do AFC Ajax Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados no estado do Espírito Santo Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA