Essential Logic é unha banda británica de post-punk formada pola saxofonista Lora Logic (Susan Whitby) despois de deixar X-Ray Spex. O grupo inicialmente estivo composto por Lora Logic nas voces, Philip Legg na guitarra e nas voces, William Bennett (posteriormente en Whitehouse) na guitarra, Mark Turner no baixo, Rich Tea na batería e Dave Wright no saxofón. Turner sería posteriormente substituído por Jon Oliver. A banda separouse e 1981 e reformouse en 2001.

Historia A banda creouse en 1978 con Lora acabada de saír da escola de arte. O seu primeiro 7" foi editado a través do seu propio selo, Cells, e editaron un EP auto-titulado a través de Virgin Records en 1979, antes de asinar con Rough Trade. O seu álbum de estrea, Beat Rhythm News apareceu tamén en 1979, seguido por varios 7" antes de que o grupo se separase en 1980.

Entre 1978 e 1981 Logic tamén foi membro de Red Crayola, ademais de tocar en gravacións de The Stranglers, The Raincoats e Swell Maps.

Lora Logic publicou un álbum en solitario, Pedigree Charm, no ano 1982 a través do selo Rough Trade. Pouco despois despois de gravar e actuar cando se uniu a unha seita Hare Krishna, aínda volveu a actuar novamente con X-Ray Spex cando a banda se reformou en 1995.

No ano 2003 foi editada unha antoloxía de gravacións Essential Logic, titulada Fanfare in the Garden, a través do selo Kill Rock Stars.

Discografía Álbum Ano Selo Notas Essential Logic 1979 Virgin Records EP Beat Rhythm News 1979 Rough Trade Records Fanfare In The Garden 2003 Rough Trade Records Antoloxía

Notas

Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de Inglaterra Categoría:Grupos musicais formados en 1978