Small Faces foi unha banda inglesa de rock fundada en 1965 en East London e fortemente influenciada polo rhythm and blues estadounidense. Orixinalmente o grupo estaba formado por Steve Marriott, Ronnie Lane, Kenney Jones e Jimmy Winston, substituíndo Ian McLagan a Winston como teclista en 1966. A banda foi un dos grupos mod máis aclamados e influentes dos anos 60, gravando exitosas cancións como "Itchycoo Park", "Lazy Sunday", "All or Nothing" e "Tin Soldier", así como o seu disco conceptual Ogdens' Nut Gone Flake. Small Faces converteuse nunha das bandas psicodélicas máis exitosas do Reino Unido antes de separarse en 1969.
Cando Marriott marchou para formar Humble Pie, os outros tres membros colaboraron con Ronnie Wood, o seu irmáns maior Art Wood, Rod Stewart e Kim Gardner, continuando brevemente co nome Quiet Melon, e posteriormente, tras a marcha de Art Wood e Gardner, como Faces. En América do Norte, o disco de estrea de Faces foi acreditado a Small Faces.
Tras a ruptura de Faces e Humble Pie en 1975, reformouse a formación clásica de Small Faces (formada por Marriott, Lane, McLagan e Jones) despois de que unha reedición de "Itchycoo Park" se convertese nun éxito. Lane marchou pouco despois, e foi substituído por Rick Wills (posteriormente en Foreigner). Esta formación (bautizada como Mk-II por Marriott) gravou o álbum Playmates antes de recrutar a Jimmy McCulloch. Este quinteto publicou só 78 in the Shade antes de separarse.
Small Faces é considerada unha das primeiras inspiracións do posterior movemento Britpop. Foron incluídos no Rock and Roll Hall of Fame en 2012.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloSmall Faces1966Decca RecordsSmall Faces1967Immediate RecordsThere Are But Four Small Faces1968Columbia RecordsOgdens' Nut Gone Flake1968Immediate RecordsPlaymates1977Atlantic Records78 in the Shade1978Atlantic Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de música psicodélica Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais formados en 1965