José María Montenegro Soto, nado en Mondoñedo en 1868 e finado en Lugo o 7 de xullo de 1934, foi un avogado, político e propietario agrario galego. A súa familia era propietaria de terras en Abadín.

Traxectoria Estudou cos xesuítas no Colexio dos xesuítas de Camposancos e alcanzou o grao de bacharel en 1884Historia do colexio dos Jesuitas da Pasaxe (1) Consultada o 21/1/2012.. Nas eleccións a Cortes de 1918 presentou a súa candidatura como maurista polo distrito da Fonsagrada, fronte a Manuel Portela ValladaresEl Progreso, 24-2-1918, p. 1., pero foi derrotado. Na ditadura de Primo de Rivera foi elixido presidente da Deputación de Lugo o 20 de xaneiro de 1924, renunciando ao cargo o 1 de abril de 1925. Nas eleccións xerais de 1933 foi elixido deputado pola provincia de Lugo, por Renovación Española. Foi membro correspondente da Real Academia GalegaRAG. Membros correspondentes, da Real Academia da Historia e padrón da fundación benéfica docente Institución de la Sagrada Familia, Fundación Pardo Montenegro, creada en Mondoñedo por Julia Pardo Montenegro.

A súa residencia en Lugo estaba situada fronte a fachada principal da catedral, pegada á rampla que dá acceso á Muralla. Actualmente este edificio alberga o vicerreitorado da Universidade de Santiago de Compostela e no terreo adxunto apareceron importantes restos arqueolóxicos da época romana.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Expediente como membro da Academia Alumnos do Colexio dos Xesuítas de Pasaxe

Categoría:Avogados de Mondoñedo Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1868

Categoría:Finados en 1934 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Políticos de Renovación Española