Kyrylo Fesenko, nado o 24 de decembro de 1986 en Dnipropetrovsk, RSS Ucraína, Unión Soviética, é un xogador ucraíno de baloncesto profesional que xoga no BC Dnipro da Ukrajina Super-Liha.

Traxectoria Tras xogar catro tempadas no seu país nativo, Ucraína, Fesenko foi seleccionado na 38ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Philadelphia 76ers, e foi traspasado aos Utah Jazz, onde asinou un contrato por tres anos o 15 de agosto de 2007. En 2010 rexeitou un contrato por varios anos cos Houston Rockets e asinou de novo por 1 ano cos Jazz. Está previsto que sexa axente libre non restrinxido en 2011.http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=5620481 Pasou a maior parte da súa tempada coma rookie na NBA Development League cos Utah Flash.

O 30 de novembro de 2007, Fesenko fixo o seu debut na NBA contra Los Angeles Lakers. Foi chamado de volta polos Jazz dos Utah Flash debido á lesión de Carlos Boozer e Mehmet Okur. Fesenko anotou 6 puntos, capturou 7 rebotes e deu 1 asistencia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados na rexión de Dnipropetrovsk Categoría:Xogadores de baloncesto de Ucraína Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do BC Azovmash Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores do BC Donetsk Categoría:Xogadores do BC Avtodor Saratov Categoría:Xogadores do PBC Lokomotiv Kuban Categoría:Xogadores do Pallacanestro Cantù Categoría:Xogadores do AS Monaco Basket Categoría:Xogadores do SS Felice Scandone Categoría:Xogadores do BC Dnipro