Lidia Senra Rodríguez, nada na Pobra do Brollón o 14 de xuño de 1958, é unha destacada sindicalista do agro galego. Foi membro da Executiva da Coordinadora Labrega Europea (CPE) durante catro anos.

Traxectoria Estudou o bacharelato en Monforte, e despois comezou a colaborar cos Comités de Axuda á Loita Labrega a mediados dos anos setenta. En 1984, durante o segundo congreso de Comisións Labregas, foi elixida responsable de organización e finanzas. Cinco anos máis tarde, en 1989, accede á secretaría xeral do Sindicato Labrego Galego durante o transcurso do terceiro congreso.

Lidia Senra participou en diversos encontros internacionais representando a Vía Campesina, movemento labrego mundial que agrupa organizacións de América, Asia, África e Europa. Ademais, interveu activamente nos tres foros sociais europeos celebrados en Florencia, París e Londres.

O padroado da Fundación Pedrón de Ouro escolleu a Lidia Senra como Pedrón de Ouro 2011, na súa 48ª edición.

No 2014 presentouse coma candidata, en representación de Anova, a deputada ás eleccións europeas do 25 de maio por Alternativa Galega de Esquerda en Europa: A esquerda pluralBOE do 23 de abril de 2014 e foi elixida deputadaFicha no Parlamento Europeo.

Libros Obras colectivas 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas "Lidia Senra, o rural galego e os novos camiños", artigo de Xoán Carlos Carreira en Vieiros, 27 de novembro de 2007. Demanda de dignidade , nova no Galicia Hoxe sobre o Pedrón de Ouro 2011 Páxina web de Alternativa Galega de Esquerda en Europa

Categoría:Sindicalistas do SLG - CC.LL Categoría:Políticos de Anova-Irmandade Nacionalista Categoría:Europarlamentarios de Galicia Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:Nados na Pobra do Brollón Categoría:Nados en 1958 Categoría:Europarlamentarios de España (2014-2019)