A tempada 2003-2004 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 37 da máxima categoría do rugby en España. Ó remate do campionato, a vitoria final foi para Club de Rugby El Salvador por cuarta vez na súa historia.

O mesmo Club de Rugby El Salvador era o defensor do título logrado na anterior tempada. Os novos equipos na categoría foron dous equipos vascos con moita experiencia na categoría: Getxo RT e Bera Bera RT, que ocuparon os lugares que deixaron os descendidos CAU Valencia e CR Cisneros.

Equipos Equipo EstadioCidadeCanoe UCM Valle de las CañasMadridClub Alcobendas Rugby Campo das TerrazasAlcobendasClub de Rugby El Salvador Campos de Pepe RojoValladolidRugby Club L'Hospitalet Feixa LlargaL'Hospitalet de LlobregatGetxo Rugby Taldea Campo de UrbietaGetxoCD Universidad de Sevilla Campo de San PabloSevillaValencia Rugby ClubCampos Río TuriaValenciaBera Bera Rugby TaldeaMiniestadio de AnoetaDonostiaValladolid Rugby Asociación Club Campos de Pepe RojoValladolidUnió Esportiva Santboiana Baldiri AleuSant Boi de Llobregat

Clasificación

Tempada 2003-2004 da Liga Española de rugbyEquipoPuntosXogadosGañadosEmpatesPerdidos 1 El Salvador32 18 16 0 2 2 Canoe UCM 28 18 13 2 3 3 VRAC 23 18 11 1 6 4 Santboiana 22 18 11 0 7 5 Bera Bera 21 18 10 1 7 6 Univ.Sevilla 16 18 8 0 10 7 Alcobendas 14 18 7 0 11 8 Getxo 13 18 6 1 11 9 L'Hospitalet 9 18 4 1 13 10 Valencia 2 18 1 0 17A vitoria vale 2 puntos e o empate 1.

<<<< 2002/03 — Tempadas — 2004/05 >>>><noinclude>

Datos finais do campionato:

CR El Salvador conseguiu o campionato nacional de liga, con 32 puntos en 18 xornadas. Foi o 4º título de liga para o club. Os dous últimos clasificados, RC L'Hospitalet e RC Valencia, descenderon de categoría ó remate da tempada. Os equipos CD Arquitectura e CR Ciencias, acadaron nesta tempada o ascenso para competir na edición 2004-05 da División de Honra.

Véxase tamén Outros artigos Heineken Cup 2003-04

Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby Clasificación final da liga publicada en El Mundo Deportivo

Categoría:Rugby en 2004 Categoría:División de Honra de Rugby