Denomínanse ciencias da saúde a un conxunto de disciplinas encamiñadas a proporcionar os coñecementos adecuados para a prevención das enfermidades e a promoción da saúde e o benestar tanto do individuo como da colectividade. Abarca un conxunto de diferentes disciplinas científicas aplicadas orientadas á saúde de seres humanos e animais.

As ciencias da saúde organízanse en dúas vertentes:

O estudo e a investigación para a adquisición de coñecementos sobre a saúde-enfermidade. A aplicación destes coñecementos técnicos.

Ambas as vertentes reúnense para lograr o amplo propósito de:

manter, repoñer e mellorar a saúde e o benestar; previr, tratar e erradicar enfermidades; comprender mellor os complexos procesos vitais dos organismos animais e humanos relacionados coa vida, a saúde e as súas alteracións (enfermidades).

As ciencias da saúde son interdiciplinares porque entrelazan ou combiñan varias ciencias para o estudo dun mesmo caso clínico descoñecido, ou para profundar o estudo dunha maneira máis especializada.

As investigacións nestas ciencias están baseadas en ciencias da natureza, como a bioloxía, a química e a física, aínda que tamén nalgunhas das chamadas ciencias sociais, como a socioloxía médica, a psicoloxía etc. Outros campos científicos que fan importantes e significativas achegas ás ciencias da saúde son: bioquímica, biotecnoloxía, enxeñaría, epidemioloxía, xenética, enfermaría, farmacoloxía, farmacia, medicina e outras.

A finalidade última das ciencias da saúde no é só a de subministrar información, senón, e isto é moi imoportante, promover cambios favorábeis na sociedade cara á saúde en todas as actividades e na conduta das persoas.

Catágo das ciencias da saúde

Educación física Enfermaría Farmacia Farmacia hospitalaria Farmacocinética clínica Farmacia oncolóxica Farmacia pediátrica Farmacia das enfermidades infecciosas Nutrición enteral e parenteral Toxicoloxía clínica Farmacoepidemioloxía Farmacoeconomía Radiofarmacia Farmacia comunitaria (oficina de farmacia) Farmacia de atención primaria Farmacia galénica Farmacoloxía Farmacoxenética e farmacoxenómica Química farmacéutica Farmacognosia Fisioterapia Laboratorio clínico Análises clínicas Análises anatomopatolóxicas Citohematoloxía clínica Hemostasioloxía clínica Inmunoloxía clínica Microbioloxía clínica Parasitoloxía clínica Xenética molecular clínica Logopedia Medicina Ciencias da nutrición Bromatoloxía Dietética Odontoloxía Obstetricia Optometría Podoloxía Psicoloxía Psicoloxía clínica Psicoloxía da saúde Terapia ocupacional Veterinaria

Categoría:Ciencia Categoría:Disciplinas académicas

nl:Gezondheidszorg