O río Foix é un pequeno río con escaso caudal de auga que desemboca formando un pequeno delta na praia de Cubelles, na provincia de Barcelona. O seu réxime de augas é o típico dos ríos mediterráneos estando caracterizados por non levar gran volume de auga durante o ano excepto nos episodios de choivas torrenciais de primavera e, sobre todo, de outono.

Na zona do río próxima a Castellet i la Gornal hai unha presa que retén a maior parte do caudal de auga que pasa por el. Esta presa utilízase exclusivamente para almacenar auga, e non para conseguir enerxía eléctrica como en moitas outras. A cantidade de auga que flúe polo Foix é, debido ao clima seco a zona e a pouca cantidade de afluentes, moi escasa.

A conca do Foix forma parte das Concas Interiores de Cataluña xestionada pola Agència Catalana de l'Aigua.

Véxase tamén Lista de ríos de España Ligazóns externas Plano da conca do río Foix(ano 1912)

Categoría:Ríos ibéricos mediterráneos Foix