O Besaya (do latín Bisalia) é un río situado no norte de España, na Cornixa Cantábrica, que discorre pola comunidade autónoma de Cantabria e desemboca no Mar Cantábrico. Fúndese co río Saja no termo municipal de Torrelavega.
Nacemento: Cueto Roupeiro en Aradillos (Campoo de Enmedio) a 1.200 metros de altura. Desembocadura Saja-Besaya: Ría de San Martín da Area entre Suances e Miengo. Principais afluentes: Bisueña, Los Llares, Cieza, Aguayo, Torina, León, Erecia, Casares, Rebujas e Mortera. Achega anual: 390 hm³ (Saja-Besaya 812 hm³).
Véxase tamén
Outros artigos Comarca do Besaya Lista de ríos de España
Categoría:Ríos cantábricos Besaya