miniatura|300px|Membros da Familia real británica en 1880. A Familia real británica (Casa de Windsor) son os parentes directos do monarca do Reino Unido e son coñecidos pola apelación a Familia Real. Aínda que non hai unha definición legal estrita ou formal de quen é ou non membro da Familia Real, incluíndo as diferentes listas a diferentes persoas, aqueles que levan o tratamento de A súa Maxestade ou de A súa Alteza Real son xeralmente considerados membros.

En termos xerais considéranse membros da Familia Real: o monarca (o Rei ou a Raíña); o consorte do monarca (o seu esposo/a); os consortes viúvos dos anteriores monarcas (Raíña nai); os fillos do monarca e os seus consortes, e consortes viúvos dos fillos do soberano; os netos do monarca e os seus consortes; e antes de 1917, os bisnetos.

Lista de membros

Esta é unha lista actual dos membros da Familia Real:

O príncipe Carlos de Gales e Camila de Cornualla (fillo máis vello da Raíña e a súa dona). O príncipe Guillerme de Cambridge e Catarina de Cambridge (fillo máis vello do príncipe de Gales e a súa dona). O príncipe Xurxo de Cambridge (fillo de Guillerme e Catarina). A princesa Carlota de Cambridge (filla de Guillerme e Catarina). O príncipe Lois de Cambridge (fillo de Guillerme e Catarina). O príncipe Henrique de Sussex e Meghan de Sussex (fillo máis novo do príncipe de Gales e a súa dona). Archie Mountbatten-Windsor (fillo de Henrique e Meghan). Ana do Reino Unido e Timothy Laurence (filla da raíña e o seu home). Peter Phillips (fillo da princesa real) Zara Phillips (filla da princesa real) O príncipe André, duque de York (segundo fillo da raíña). A princesa Beatriz de York (filla máis vella do duque de York). A princesa Uxía de York (filla máis nova do duque de York). O príncipe Eduardo de Wessex e Sophie Rhys-Jones (terceiro fillo da raíña e a súa esposa). Xaime Mountbatten-Windsor (fillo do conde de Wessex). Luísa Mountbatten-Windsor (filla do conde de Wessex).

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio Oficial da monarquía Británica

Categoría:Familias reais