Wayne Robert Ellington Jr., nado o 29 de novembro de 1987 en Wynnewood, Pensilvania, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Ellington xogou para os North Carolina Tar Heels na universidade, de 2006 a 2009. Decidiu saltarse a súa derradeira tempada na universidade para declararse elixible para o Draft da NBA de 2009, onde foi escollido polos Minnesota Timberwolves na 28ª posición.

Traxectoria universitaria Estatísticas + Medias da tempada Tempada Equipo G PTS REB AST ROU TAP TC% 3P% TL% MIN PER 2006-07 North Carolina Tar Heels 38 11.7 2.9 2.1 0.8 0.0 .433 .371 .836 23.9 1.2 2007-08 North Carolina Tar Heels 39 16.6 4.5 2.0 1.1 0.2 .467 .400 .826 31.1 1.7 2008-09 North Carolina Tar Heels 38 15.8 4.9 2.7 1.0 0.2 .483 .417 .777 30.4 1.6Totais: 115 14.7 4.1 2.2 1.0 0.1 .462 .396 .809 28.5 1.5

Traxectoria profesional Wayne Ellington foi elixido na 28ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Minnesota Timberwolves. Na súa tempada coma rookie, acadou 6.6 puntos e 2.1 rebotes por partido.

O 24 de xuño de 2012, Ellington foi traspasado ós Memphis Grizzlies a cambio de Dante Cunningham.

O 22 de xaneiro de 2013, Ellington foi traspasado ós Cleveland Cavaliers xunto a Marreese Speights, Josh Selby e unha futura elección de primeira rolda do Draft a cambio de Jon Leuer.

O 26 de xullo de 2013, Ellington asinou cos Dallas Mavericks.

O 25 de xuño de 2014, Ellington foi traspasado xunto a Shane Larkin, José Calderón, Samuel Dalembert e dúas elección da segunda rolda do Draft de 2014 ós New York Knicks, a cambio de Tyson Chandler e Raymond Felton. O 6 de agosto de 2014 foi traspasado de novo, desta vez ós Sacramento Kings xunto a Jeremy Tyler e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016, a cambio de Quincy Acy e Travis Outlaw. O 3 de setembro de 2014, foi cortado polos Kings.

O 22 de setembro de 2014, asinou cos Los Angeles Lakers.

O 6 de febreiro de 2019, Ellington foi traspasado xunto a Tyler Johnson ós Phoenix Suns a cambio de Ryan Anderson.Suns acquire Tyler Johnson, Wayne Ellington from Heat Ó día seguinte, Ellington foi cortado polos Suns.Suns waive Wayne Ellington

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados no condado de Montgomery, Pensilvania Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Adestradores asistentes dos Miami Heat