Edi Mue Gathegi nado en Nairobi o 10 de marzo de 1979, é un actor de cinema, teatro e televisión kenyano-estadounidense. É coñecido polos seus papeis como o doutor "Jeffrey Cole" na exitosa serie de televisión House ou como "Laurent" nos filmes de Twilight e The Twilight Saga: New Moon.

Traxectoria Aínda que naceu en Kenya, Gathegi medrou en Albany, California. Como estudante non declarado da "Universidade de California en Santa Bárbara", estaba máis interesado en xogar ó baloncesto e era realmente bo ata que se lesionou o xeonllo, o cal meteuno nunha gran depresión polo que tomou clases de actuación como un recurso para recuperarse.

Alí foi onde descubriu o seu amor pola actuación. Máis tarde, asistiu á "Escola Tisch das Artes na Universidade" de Nova York. A súa carreira comezou no teatro, e as súas obras inclúen "Two Trains Running", "As You Like It", "Twelfth Night", "Othello", "A Midsummer Night's Dream" e "Cyrano de Bergerac" entre outros.

O primeiro papel profesional foi como taxista haitiano no filme Crank en 2006. En 2007, apareceu como estrela invitada en Lincoln Heights, Veronica Mars, Death Sentence e en The Fifth Patient. Tamén apareceu en series de éxito como House, CSI Miami e CSI; e nos filmes Twilight e The Twilight Saga: New Moon. No 2011 interpretou o mutante Darwin no filme X-Men: First Class.

Filmografía Ano Título Papel Notas 2006 Crank Taxista haitiano 2007 Veronica Mars Zeke Molinda Serie de televisión 2007 House Dr. Jeffrey Cole Serie de televisión 2007 Gone Baby Gone Cheese 2007 The Fifth Patient Darudi 2007 Death Sentence Bodie 2007 Lincoln Heights Boa Serie de televisión 2008 Twilight Laurent 2008 CSI Miami Freddie Mays Serie de televisión 2008 CSI Skinny Dude Serie de televisión 2009 My Bloody Valentine 3D Deputy Martin 2009 The Twilight Saga: New Moon Laurent 2011 X-Men: First Class Armando Muñoz / Darwin 2011 Atlas Shrugged Eddie Willers 2011 Nikita Kalume Ungara Serie de televisión

Véxase tamén

Categoría:Actores de cinema de Kenya Categoría:Actores de televisión de Kenya Categoría:Actores de teatro de Kenya Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Nairobi