Albert Bandura, nado en Mundare o 4 de decembro de 1925 e finado en Stanford, California, o 26 de xullo de 2021, foi un psicólogo ucraíno-canadense de tendencia condutual-cognitiva, profesor da Universidade Stanford, recoñecido polas súas achegas á teoría da aprendizaxe social e a súa evolución ao sociocognitivismo, así como por postular a categoría de autoeficacia.

Traxectoria Ao longo da súa carreira foi responsable de grandes contribucións en campos moi diferentes da psicoloxía, incluíndo a teoría social-cognitiva, terapia e psicoloxía da personalidade. Tamén tivo unha influencia decisiva na transición entre o condutismo e a psicoloxía cognitiva. É responsable do experimento do boneco Bobo sobre o comportamento agresivo na infancia.

Recibiu o título de Doutor Honoris Causa en universidades como La Sapienza, Indiana, Leiden, Berlín ou Salamanca.

Bandura foi nomeado presidente da American Psychological Association en 1974, e en 1980 da Western Psychological Association (WPA), e en 1999 presidente honorario da Asociación Psicolóxica Canadense.

Obra Adolescent Aggression (1959, xunto con R. H. Walters). Ronald Press: Nova York. Social Learning through Imitation. University of Nebraska Press: Lincoln, NE. Principles of behavior modification (1969). Nova York: Holt, Rinehart and Winston. Psychological modeling: conflicting theories (1971). Chicago: Aldine·Atherton. Aggression: a social learning analysis (1973). Englewood Cliffs, N.J.: Prentice-Hall. Social Learning & Personality Development (1975). Holt, Rinehart & Winston, INC: NJ. Analysis of Delinquency and Aggression (1976, xunto con Emilio Ribes-Inesta). Lawrence Erlbaum Associates, INC: New Jersey Social Learning Theory (1977). Englewood Cliffs, NJ: Prentice Hall. Social Foundations of Thought and Action: A Social Cognitive Theory (1986). Englewood Cliffs, N.J.: Prentice-Hall. Self-efficacy: the exercise of control (1997). Nova York: W.H. Freeman.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Curriculum de Albert Bandura .

Categoría:Psicólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Psicólogos do Canadá Categoría:Pedagogos do Canadá Categoría:Pedagogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Xaime I Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Ottawa Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Leiden Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Sapienza de Roma Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Salamanca Categoría:Profesores da Universidade Stanford Categoría:Nados en Alberta