miniatura|Unha pinta de Murphy's. Murphy's Irish Stout é unha marca de cervexa da variedade dry stout (ou estilo irlandés) elaborada no Condado de Cork (Irlanda) seguindo a receita orixinal da Cervexeira de Murphy's dende 1856.

En comparación cos seus competidores, máis amargos e pesados, principalmente Guinness e Beamish, a cervexa Murphy's é un stout lixeiro e máis doce. O seu sabor evoca caramelo e malte, e é descrito como "un parente arredado do leite con chocolate". A semellanza co leite esténdese máis ala do sabor e da textura; Murphy's non contén ningún rastro de efervescencia, e é servida "negra, como cappuccino forte" cun pouco de escuma -"a cabeza"- por enriba. A escuma, en particular, é gabada pola súa natureza notablemente espesa e cremosa e a súa alta densidade, da que se di que se pode tomar cunha culler.

Despois de anos como unha cervexa sobre todo local, a adquisición da cervexeira por Heineken - coa conseguinte expansión na distribución - Murphy's acadou proxección internacional. Como o crecemento foi forte en todo o mundo, Murphy's xa está dispoñible en 70 países. A crítica fóra da súa terra natal foi xeralmente positiva. Como exemplo se pode citar o "Beer Bites", a columna de The Daily Orange concedeulle "tres e medio de catro cuncas".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cervexa Murphy's Tenda online de Murphy's

Categoría:Marcas de cervexa de Irlanda