Manuel Regos Boquete, nado en Ordes o 17 de maio de 1958, é un político galego.
Traxectoria É graduado social pola Universidade de Santiago de Compostela. Antes de ter dedicación exclusiva como alcalde de Ordes en 2007, compaxinaba a súa actividade política cun traballo na administración do centro de saúde de Ordes dende 1991.
Ó longo da súa traxectoria política en Ordes formou parte de ata 4 agrupacións políticas distintas que pero nunca militou en ningún partido ata que creo o seu propio. En 1987 formou parte da candidatura da Coalición Progresista Galega de Teodosio Martino que logrou o goberno, acompañandoo a partir de 1991 no PPdeG. En 1999 tanto el como Martino integráronse en Democracia Galega, tras ser excluídos a última hora da candidatura popular, e conservaron o goberno local. En 2002 volveron ao PPdeG. En xullo de 2005 pasouse ao grupo mixto xunto a outros 3 concelleiros, deixando a Martino en minoría.Los críticos del PP de Ordes pedirán ingresar en el grupo de no adscritos
Nas eleccións municipais de 2007 presentouse á alcaldía pola formación Unión por Ordes (UxO), logrando ser a candidatura máis votada, polo que foi elixido alcalde co apoio dos concelleiros do PSdeG, Terra Galega e un de Nova Alternativa. Neste contexto no que gobernaba en coalición cos socialistas no concello, e estes gobernaban Deputación, Xunta e Estado, chegou a facer campaña polo PSdeG nas eleccións autonómicas de 2009.Manuel Regos admite que hará campaña con el PSOE en Ordes "porque tengo que estar agradecido a Touriño" Nas municipais de 2011 revalidou a alcaldía tras experimentar un notable incremento de apoios, pasando de 4 a 7 concelleiros. Nesta ocasión gobernou en minoría, como cabeza de lista da forza máis votada.
Nas eleccións municipais de 2015 perdeu a alcaldía tras ser superado por tan só 7 votos pola candidatura do PPdeG, polo que tras non logra-lo apoio de ningún grupo máis perdeu a alcaldía en favor dos populares. Nas municipais de 2019, tras sufrir varias baixas durante o mandato, pasou de 6 a 3 concelleiros e o PPdeG logrou a maioría absoluta, polo que renunciou a recoller a súa acta de concelleiro. En 2021 Unión por Ordes disolveuse e, posteriormente, varios dos seus dirixentes pasaron a formar parte do PSdeG.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ordes
Ligazóns externas Entrevista a Manuel Regos Boquete
Categoría:Alcaldes de Ordes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes