Els Amics de les Arts é un grupo de música en catalán formado en Barcelona no ano 2005, que se caracteriza polas súas cancións de folk-pop con melodías sinxelas, pinceladas de electrónica, xogos de palabras e ironía.

Traxectoria No ano 2005 gravaron e editaron eles mesmos a demo Catalonautes (Pistatxo Records) coa que gañaron o Premio ao Mellor Grupo por votación popular na final do concurso Sona 9. O ano seguinte, en 2006, lanzaron a súa segunda demo Roulotte Polar (Pistatxo Records). E en 2008 viu a luz o primeiro disco de estudo, Castafiore Cabaret (Pistatxo Records).

A revista Enderrock no seu número 153, de xullo de 2008, adicou unha reportaxe especial a Els Amics de les Arts onde incluíu o disc Castafiore Cabaret (Edición Especial) de xeito gratuíto. Publicouse unha tirada de 8.000 copias. A partir deste momento iniciaron a Xira Castafiore, tocaron na FiM Fira de Música al Carrer de Vila-seca, no Festinoval de Lleida, en La Mirona, na Sala Apolo, no Minifestival de Músicas Independentes de Barcelona e no Festival D9.CAT de Palma, entre outros.

Durante o verán de 2009 o grupo comezou o proceso de gravación do seu cuarto traballo, titulado Bed & Breakfast (N57 Records), que saíu en decembro dese mesmo ano.

A Xira B&B comezou o 31 de outubro de 2009 en Calaf e rematou no Palau de la Música Catalana o día 7 de febreiro de 2011. Entre esas datas, o grupo realizou 115 concertos arredor do Principado, as Illas Baleares e o País Valencià. Destacan a súa participación no festival PopArb, o concerto de Decennals de Valls e o concerto no Escenario Damm durante as Festas da Mercè 2010 sendo abreconcertos OK GO e Belle & Sebastian.

En maio de 2011 fixeron unha xira por seis cidades alemás que culminou cun concerto multitudinario no Alte Kantine de Berlín.

No ano 2011 protagonizaron, xunto co actor Quim Gutiérrez, o anuncio promocional de Estrella Damm, patrocinador oficial do FC Barcelona, titulado Què tenim?.

O nome do grupo vén da idea de que quen non é un profesional nalgunha cousa é un amic e da existencia dun bar en Terrassa chamado 'Amics de les arts' ao que Joan Enric ía a miúdo.

Els Amics de les Arts e Jean-Luc Godard Nunha entrevista no programa Ànima Els Amics de les Arts manifestaron a súa admiración por Jean-Luc Godard. Jean-Luc é o título dunha canción do seu último álbum Bed & Breakfast. Els Amics de les Arts considéranse grandes admiradores da figura de Godard, concretamente din del:

Membros Joan Enric Barceló (2005 - presente) - Voz e guitarra Ferran Piqué (2005 - presente) - Voz, guitarra e bases Dani Alegret (2005 - presente) - Voz e piano Eduard Costa (2005 - 2018) - Voz, kazoo, xilófono e melódica

Premios Bed and Breakfast de Els Amics de les Arts é Premio Disco Catalán do ano 2009, autorgado por Ràdio 4. É o premio de música con máis historia de Cataluña e nestas últimas edicións son os oíntes os que votan a través de Internet o mellor disco cantado en catalán da tempada.

Els Amics de les Arts gañaron o premio Enderrock da crítica ao mellor disco 2009 polo seu disco Bed & Breakfast, e tamén o Premio ao mellor disco de canción de autor.

Tamén conseguiron o Premio Cerverí por votación popular de Xirona á letra da mellor canción en catalán polo tema Reykjavik do seu álbum Bed & Breakfast.

Discografía Álbums de estudio 2008: Castafiore Cabaret (Pistatxo Records) 2009: Bed & Breakfast (Discmedi) 2012: Espècies per catalogar (Discmedi) 2013: Tenim dret a fer l'animal (CD+DVD en directo) (Discmedi)

Demos 2005: Catalonautes (Pistatxo Records) 2007: Roulotte Polar (Pistatxo Records)

Especial 2009: Càpsules Hoi-poi [Disc de rareses] (Pistatxo Records) 2009: Les mans plenes (Pistatxo Records) - Colaboración co fanzine Malalletra 2009: Non-non (Pistatxo Records) - Colaboración co fanzine Malalletra 2010: Submarí Pop. Tributo catalán a The Beatles (Grup Enderrock) - Compilación 2010: Bed & Breakfast [Edición Especial] (Discmedi)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Manel. Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Grupos musicais de Cataluña Categoría:Artistas de Música Global