AGILE (acrónimo de Astro‐rivelatore Gamma a Immagini LEggero) é un observatorio espacial de raios gamma e raios X da Axencia Espacial Italiana lanzado o 23 de abril de 2007 mediante un foguete PSLV desde o Centro Espacial de Sriharikota.
Características AGILE é un observatorio espacial adicado á observación astronómica en lonxitudes de onda de raios X e raios gamma. O deseño, desenvolvemento e construción do satélite foi dirixido por Carlo Gavazzi Space en colaboración con varias institucións industriais e de investigación.
É o primeiro satélite non indio lanzado como carga principal por un PSLV, e ademais da instrumentación científica leva a bordo o sistema de comunicación Rubin 6 para enviar datos a través da constelación de satélites Orbcomm.
Instrumentos
AGILE leva dous instrumentos:
a cámara de raios gamma GRID de gran angular, capaz de detectar fotóns gamma con enerxías de entre 0,3 e 200 MeV. o detector de raios X duros Super-AGILE, para o rango de entre 15 e 45 keV.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de AGILE
Categoría:Satélites artificiais de Italia