Enrique Lorenzo Docampo, nado en Vigo o 16 de novembro de 1892 e finado na mesma cidade en 1981, foi un empresario e político galego.

Traxectoria Logo de estar emigrado na Arxentina entre 1911 e 1915, regresou á súa cidade natal para comezar a actividade empresarial. No barrio de Teis fundou en 1919 unha empresa caldeireira, co tempo reconvertida no estaleiro Factorías Vulcano-Enrique Lorenzo y Cía, que tivo o seu maior período de actividade na década de 1960, en pleno auxe do sector da construción naval. En 1958 fundou en Meira a empresa conserveira Conservas La Guía, activa até 1981.

A nivel político social nos anos trinta presentouse candidato na candidatura monárquica ás eleccións municipais de 1931 nas que resulta elixido aínda que non chega a tomar posesión pola vitoria republicana e inmediata caída de Alfonso XIII. Os anos da República traballa dende a dirección da patronal viguesa, a Federación Gremial Patronal, desempeñan diversos postos na súa directiva.

O 20 de xullo de 1936 toma partido inmediatamente polos sublevados contra a República e integra dende a súa constitución en setembro de 1936 a organización paramilitar viguesa Guardia Cívica de Vigo, responsable dunha importante porcentaxe dos asasinados na cidade ate a súa disolución en maio de 1937.

En 1963 foi nomeado presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, permanecendo no cargo até 1970. Foi procurador en Cortes como representantes de Deputacións Provinciais (1963-1970). Amais, formou parte de diversas iniciativas económicas, deportivas e sociais. Foi membro da xunta directiva da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación local, conselleiro do Banco de Vigo, censor de contas de Tranvías eléctricos de Vigo, presidente do Centro de Hijos de Vigo, fundador e primeiro presidente do Real Aero Club de Vigo, e directivo do Club de Campo de Vigo.

En 1963 recibiu o Paul Tissandier Diploma de mans da Fédération Aéronautique Internationale pola súa achega á aviación deportiva.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes