Daniel Cudmore, nado o 20 de xaneiro de 1981 en Squamish, Columbia Británica, é un actor canadense recoñecido pola súa intervención como o mutante "Coloso" nos filmes X2 e X-Men: The Last Stand baseados nos X-Men.

Traxectoria Cudmore é o mediano de tres irmáns. A súa nai Sue Bailey traballa para o British Columbia Film Commission, e seu pai Richard Cudmore é doutor.

Asistiu á Universidade Gannon e foi membro do equipo de fútbol dende o ano 2000 até o 2002. É un ex-fronte do "Capilano Rugby Football Club" en Vancouver. O seu irmán máis vello Jamie Cudmore é un membro do equipo canadense de Rugby. O seu irmán máis novo, Lucas, tamén xoga no Capilano RFC.

Tamén fixo a proba para o elenco de Superman Returns .

Nos últimos anos participou como o Gardián Volturi, Félix no filme New Moon baseado na novela homónima.

Filmografía Ano Filme Papel Notas 2003 X2 Peter Rasputin/Colossus 2002 Stargate SG-1 Jaffa Serie de televisión. Episodio: "Homecoming" 2004 A Very Cool Christmas Home no ximnasio Filme de televisión 2005 Are We There Yet? Xogador de baloncesto 2005 Alone in the Dark Axente Barr 2006 X-Men: The Last Stand Peter Rasputin/Colossus 2009 New Moon Félix 2009RevolutionBitoTelefilme2010IcarusHit Man #22010Merlin and the Book of BeastsDragon KnightTelefilme2010The Twilight Saga: EclipseFelix2010A Night for Dying TigersDave2010Percy Jackson and the Olympians: The Lightning ThiefManticoreCameo2011Rites of PassageMoose2011To the MatJordyTelefilme2011The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1Felix2012The Baytown OutlawsLincoln Oodie2012The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2Felix2012Halo 4: Forward Unto DawnMaster Chief Petty Officer John-1172013Halo 5Master Chief Petty Officer John-1172013Percy Jackson: Sea of MonstersManticore2014X-Men: Days of Future PastPeter Rasputin/Colossus2015Percy Jackson: The Titan's CurseManticore

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Actores do Canadá Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados na Columbia Británica Categoría:Canadenses de ascendencia inglesa