A Unió Esportiva Costa Brava, anteriormente coñecida como Unió Esportiva Llagostera-Costa Brava, é un club de fútbol español de Llagostera, na provincia de Xirona. Foi fundado en 1947 como Unión Deportiva Llagostera, e actualmente xoga na Primeira División RFEF.
Historia Co nome orixinal de Unión Deportiva Llagostera, o club foi fundado en novembro de 1947 polo entón alcalde da localidade, Leandre Calm, quen foi tamén o seu primeiro presidente.
A UE Llagostera pasou o seu primeiro século de vida nas categorías rexionais do fútbol catalán. A súa historia cambiou coa chegada ao banco de Oriol Alsina. O club, que a tempada 2004/05 militaba en Segunda Territorial, logrou catro ascensos en cinco anos, debutando en Terceira División en 2009. En xullo de 2008 Isabel Tarragó, esposa do técnico, Oriol Alsina, accedeu á presidencia do club en substitución de Josep Valentí.
A tempada 2010/11 logra o maior éxito da súa historia ata o momento, ao proclamarse campión de Terceira División na súa segunda campaña na categoría. No play-off de campións gaña ao CCD Cerceda por 2-0 na ida e 0-1 na volta en Galicia e ascende por primeira vez na súa historia a Segunda División B.
Na tempada 2011/12, a primeira na categoría de bronce, acaba a liga en quinta posición a un punto do play-off de ascenso a Segunda. Ademais, nesa tempada debuta na Copa do Rei, caendo eliminado na terceira rolda.
Na tempada 2012/13 acaba a liga en 10ª posición e chega ata os dezaseisavos de final na Copa do Rei, caendo eliminado polo Valencia CF (0-2 no Municipal de Llagostera, 3-1 en Mestalla).
Na tempada 2013/14 logra o maior éxito da súa historia ao proclamarse campión do grupo III da Segunda División B. No play-off de campións é eliminado polo Racing de Santander cun gol no último minuto do partido de volta en El Sardinero, logo do 0-0 en Llagostera, e non consegue ascender de forma directa. Na segunda rolda do play-off elimina o Real Avilés cun global de 2-3 (2-0 no Estadio Román Suárez Puerta e 3-0 no Municipal) e na terceira xogarase o ascenso contra o Nàstic de Tarragona.
En agosto de 2021 o club anunciou o cambio do seu nome a Unió Esportiva Costa Brava.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias brancas. Uniforme do 50 aniversario: Camiseta negra cunha franxa branca, pantalón negro e medias negras.
Estadio
A UE Llagostera xoga como local no Camp Municipal d'Esports de Llagostera, situado na Avinguda de l'Esport. O recinto foi inaugurado o 3 de febreiro de 1948. Os sucesivos ascensos da UE Llagostera nos anos 2000 obrigaron a remodelar o degradado estadio, polo que o club viuse obrigado a xogar, temporalmente, na veciña localidade de Santa Cristina d'Aro. As obras realizáronse durante a tempada 2008/09 e culminaron coa instalación de céspede artificial.
En 2014 presentouse a imposibilidade de cumprir os requisitos da Liga de Fútbol Profesional para xogar en Segunda división e o Llagostera tivo que buscar outro estadio para xogar. Despois de que as negociacións para xogar no Estadi Municipal de Montilivi non prosperaran, finalmente o primeiro equipo do Llagostera optou por xogar no Nou Estadi de Palamós. Aínda que este estadio acolleu partidos de Segunda do Palamós entre 1989 e 1995, houbo que facer algunhas remodelacións.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 1 (Incluída a 2014/15) Tempadas en 2ªB: 3 Tempadas en 3ª: 2 Mellor posto na liga: 1º (Segunda División B Española tempada 13-14) Fases de ascenso a Segunda: 1 Fases de ascenso a Segunda B: 1 (1 ascenso) Historial por tempadas TempadaCategoríaPostoCopa1947–97Rexional—1997/983ª Territorial1º1998/992ª Territorial3º1999/002ª Territorial6º2000/012ª Territorial16º2001/022ª Territorial14º2002/032ª Territorial8º2003/042ª Territorial16º2004/052ª Territorial2º2005/061ª Territorial1º2006/07Preferent Territ.8º2007/08Preferent Territ.2º2008/091ª Catalana3º2009/103ª7º2010/113ª1º2011/122ªB5º3ª Rolda2012/132ªB10º1/322013/142ªB1º2014/152ª9º2ª rolda2015/162ª20º1/322016/172ªB14º2ª rolda2017/182ªB16º2018/193ª1º2019/202ªB13º1ª rolda2020/212ªB4º1ª rolda2021/221ª RFEF
Palmarés Terceira División Española (1): 2010-11
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Web da UE Llagostera en Futbolme.com
Categoría:Equipos de fútbol de Cataluña Categoría:Equipos do grupo 2 da Primeira División RFEF Categoría:Llagostera Categoría:Palamós i Sant Joan