Maurice Ralph Hilleman, nado o 30 de agosto de 1919 en Miles City e finado o 11 de abril de 2005 en FiladelfiaObituario de Hilleman, en The New York Times. , foi un microbiólogo americano especializado no estudo das vacinas. Desenvolveu máis de tres ducias de vacinas. Esntre elas, a da hepatite A, a hepatite B, a varicela, a meninxite, a pneumonía e a da gripe. Así mesmo, tivo un importante rol na descuberta de adenovirus, dos virus hepáticos e do virus canceríxeno SV40.
Ao dicir do doutor Adel F. Mahmoud, presidente da compañía farmacéutica Merck, as pescudas científicas de Hilleman salvaron millóns de vidas e protexeron millón doutras persoas de caeren enfermas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre Hilleman
Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Montana Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2005