Edward Wilmot Blyden, nado en Saint Thomas (Illas Virxes Estadounidenses) o 3 de agosto de 1832 e finado en Serra Leoa o 7 de febreiro de 1912, foi un profesor e estadista, está considerado como o principal precursor do panafricanismo e unha das influencias do coñecido como nacionalismo negro. En 1850 trasladouse a Estados Unidos onde entrou na universidade, da que foi posteriormente expulsado debido á súa raza. En 1851 trasladouse a Liberia, onde en 1885 foi candidato a presidente. Posteriormente trasladouse a Serra Leoa, onde morreu en 1912.
Véxase tamén Ligazóns externas ''Carta do Presidente: a responsabilidade colectiva de tódolos africanos
Categoría:Políticos de Liberia Categoría:Nados en 1832 Categoría:Finados en 1912 Categoría:Nados nas Illas Virxes Estadounidenses