Dante Lamar Cunningham, nado o 22 de abril de 1987 en Clinton, Maryland , é un xogador americano de baloncesto profesional. Antes da NBA, xogou para os Wildcats da Universidade de Villanova.

Traxectoria Cunningham foi elixido na 33ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Portland Trail Blazers. Xogou na liga de verán para Portland, onde acadou 18 puntos e 5 rebotes por partido nos catro primeiros encontros. O 21 de agosto de 2009, os Trail Blazers anunciaron que Cunningham asinara un contrato e tiña un oco no equipo para a tempada 2009-10.Joe Freeman, Blazers sign draft pick Dante Cunningham, 21 de agosto de 2009

O 24 de febreiro de 2011, Cunningham foi traspasados xunto con Joel Pryzbilla, Sean Marks e dúas futuras eleccións de primeira rolda do Draft aos Charlotte Bobcats a cambio de Gerald Wallace.

O 20 de decembro de 2011, asinou unha oferta dos Memphis Grizzlies por 3 anos e 7 millóns de dólares. Os Bobcats decidiron non igualar a oferta, e Cunningham converteuse en novo xogador dos Grizzlies. O 24 de xullo de 2012, Cunningham foi traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio de Wayne Ellington.

O 4 de decembro de 2014, Cunningham asinou cos New Orleans Pelicans. O 9 de xullo de 2015, asinou un novo contrato cos Pelicans. O 25 de setembro de 2017, asinou de novo cos Pelicans.

O 8 de febreiro de 2018, Cunningham foi traspasado ós Brooklyn Nets a cambio de Rashad Vaughn.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados no condado de Prince George, Maryland Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs