Peter McKenzie é un actor de cine neozelandés.
Traxectoria É máis coñecido polo seu papel como Elendil no filme de Peter Jackson, The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring. Tamén apareceu noutro filme de Jackson, King Kong no ano 2005.
O seu fillo, Bret, é membro do dúo cómico "Flight of the Conchords", e tamén aparece como un elfo sen nome (popularmente coñecido como "Figwit") no filme The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring e en The Lord of the Rings: The Return of the King.
McKenzie tamén é propietario e adestrador de cabalos de carreiras; incluíndo "Sculptor", cabalo que gañou o "Saab Quality at Flemington" no 2007 e clasificado para correr na Copa de Melbourne do mesmo ano.
Filmografía Ano Filme Personaxe 1987 Grange Hill (serie de televisión) Clive 1996 Crossroads Café (serie de televisión) Crítico de restaurante 1998 The Legend of William Tell (serie de televisión) Capitán Guerreiro 2000 Dark Knight Edwin de Stringburn 2001 The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring Elendil 2002 In My Opinion (filme de televisión) 2005 King Kong Venture Crew
Véxase tamén Ligazóns externas TheOneRing.net Biografía
Categoría:Actores de cinema de Nova Zelandia Categoría:Nados en Wellington