O Arsia Mons é o volcán máis meridional dos tres que forman o conxunto coñecido coma Tharsis Montes, na rexión montañosa de Tharsis, próxima ó ecuador do planeta Marte. Ó seu norte está o Pavonis Mons, e ó norte do anterior está o Ascraeus Mons. A maior montaña do sistema solar, o Olympus Mons, queda ó noroeste. O nome Arsia Mons provén dun accidente xeolóxico de albedo da área correspondente nun mapa de Giovanni Schiaparelli, Schiaparelli inspirouse no lendario bosque romano de Arsia Silva.

miniatura|esquerda|Mapa topográfico de Arsia Mons

O diámetro do Arsia Mons é de aproximadamente 435 km, e case 20 km de alturahttp://photojournal.jpl.nasa.gov/catalog/PIA03799 ( máis de 9 km máis alto cás planicies que rodean o monteCatalog Page for PIA02337), a caldeira mide aproximadamente 110 km de ancho.Catalog Page for PIA03948 A presión atmosférica no cumio do volcán está por debaixo de 107 pascalsMartian Weather Observation NASA MGS data 9.2 degrees S 238.2 degrees E 17757 meters 1.07 mbar. Despois do Olympus Mons, é o volcán máis grande en volume.

Un fenómeno meteorolóxico periódico ocorre cada ano ó comezo do inverno no hemisferio sur no Arsia Mons. Pouco antes do inverno, a luz solar quence o aire nas ladeiras do volcán. Ese aire sobe, levando consigo pequenas cantidades de po. Eventualmente ese aire quente ascendente xuntase na caldeira do volcán, onde o fino sedimento se compacta e se expande nunha nube de po en espiral, a nube despois de compactarse o sedimento é o suficientemente densa coma para ser observada dende a órbita do planeta. Esa nube de po en espiral sobre o Arsia Mons repítese cada ano, pero os modelos climáticos por computador indican que este fenómeno só ocorre nun curto período de tempo cada ano. Non se teñen observado nubes en espiral semellantes as do Arsia Mons noutros grandes volcán de Tharsis, aínda que si foron observadas outros tipos de nubes. A espiral de po sobre o Arsia Mons pode acadar entre os 15 a 30 km por riba do volcán.Catalog Page for PIA04294

A caldeira do Arsia Mons foi formada cando montaña se colapsou despois de que a reservas de magma do interior se esgotaron. Hai moitas outras formacións xeolóxicas nas ladeiras do volcán que dan fe deste colapso.Catalog Page for PIA03799

Posibles placas tectónicas

Os tres Tharsis Montes, xunto con varios volcáns máis pequenos que están situados un pouco máis ó norte, forma unha liña bastante recta. Foi proposta a teoría que son o resultados de placas tectónicas, as cales forman na Terra as cadeas de volcáns asociadas con 'puntos quentes'.ISBN 978-0-521-86698-9Sleep,, N. 1994. Martian plate tectonics. Journal of Geophysical Research. 99: 5639-5655ISBN 978-0-521-85226-5Connerney, J. et al. 2005. Tectonic implications of Mars crustal magnetism. Proceedings of the National Academy of Sciences of the USA. 102: 14970-14975

Glaciares

miniatura|esquerda|Imaxe de mosaico do Arsia Mons en Mars Estudos recentes evidencian a existencia de glaciares en Arsia Mons. Unha serie de cristas paralelas que son semellantes as morenas acumuladas por glaciares. Outra sección semella coma se o xeo medio fundido se filtrase no terreo, dándolle un aspecto nodoso. A terceira evidencia e que a parte máis baixa deste glaciares teñen lóbulos que semellan flotar sobre a superficie. Estas formación lobulares probablemente conteñan un núcleo de xeo cuberto dunha fina capa de rochas que protexerían ó xeo da sublimación.Cold-based mountain glaciers on Mars: Western Arsia Mons , James W. Head1 and David R. Marchant, Geology; July 2003; v. 31; no. 7; p. 641-644

Posibles entradas a covas No ano 2007 foron identificadas a través de imaxes de satelite sete entradas a posibles covas nas ladeiras do Arsia Mons.Themis Observes Possible Cave Skylights on Mars. G. E. Cushing, T. N. Titus, J. J. Wynne, P. R. Christensen. Lunar and Planetary Science XXXVIII (2007) Estas entradas foron informalmente alcumadas coma Dena, Chloë, Wendy, Annie, Abbey, Nikki, Jeanne e semellan ser coma unha especie de 'claraboias' formadas polo colapso do teito das propias covas. miniatura|dereita|250px|Imaxe da THEMIS das entradas das covas. Estes 'fuchancos' foron alcumados coma (A) Dena, (B) Chloe, (C) Wendy, (D) Annie, (E) Abby (esquerda) e Nikki, e (F) Jeanne.

Dena (-6,084 N 239,061 E) Chloë (-4,296 N 239,193 E) Wendy (-8,099 N 240,242 E) Annie (-6,267 N 240,005 E) Abbey and Nikki (-8,498 N 240,349 E) Jeanne (-5,636 N 241,259 E)

A variación das temperaturas entre o día e a noite destas covas só é dun terzo respecto da temperatura dos terreos circundantes. Estas variacións son moito maiores que as detectadas en covas terrestres, e virían a confirmar que estas formacións son bastante profundas. Pola contra, debido á extrema altitude, é improbable que alberguen calquera tipo de posible vida marciana.

Unha fotografía máis recente dunha desas entradas amosa a luz solar iluminando unha parede interna, suxerindo que estas formacións sinxelamente son covas verticais, no canto de entradas a un espazo subterráneo. Por outra banda, a escuridade nestas formacións implica que coma mínimo teñen uns 78 metros de profundidade.

Notas miniatura|Unha posible entrada á cova chamada ("Jeanne") en Arsia Mons

Véxase tamén Outros artigos Tharsis Montes Pavonis Mons Ascraeus Mons

Ligazóns externas Volcáns Tharsis, Astronomy Picture of the Day do 18 de xuño de 1999 A Hole in Mars - Astronomy Picture of the Day do 28 de maio de 2007 Modelo 3D dos Montes Tharsis

Categoría:Montes extraterrestres Categoría:Marte