Joshua Scott McRoberts, nado o 28 de febreiro de 1987 en Indianapolis, Indiana, é un ex xogador americano de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional O 22 de marzo de 2007, McRoberts declarouse elixible para o Draft da NBA de 2007. Foi elixido no Draft, o 28 de xuño de 2007, polos Portland Trail Blazers na 37ª posición.

O 9 de xaneiro de 2008, McRoberts foi asignado aos Idaho Stampede, o afiliado dos Trail Blazers da NBA Development League. Tras estar cos Stampede preto dun mes, McRoberts foi chamado de volta polos Trail Blazers.

O 26 de xuño de 2008, na noite do Draft da NBA de 2008, McRoberts foi traspasado aos Indiana Pacers, xunto a Brandon Rush e Jarrett Jack, a cambio da 11ª elección Jerryd Bayless e Ike Diogu.

O 14 de decembro de 2011, asinou un contrato de dous anos e 6 millóns de dólares cos Los Angeles Lakers.

O 10 de agosto de 2012, McRoberts foi traspasado ós Orlando Magic como parte do traspaso entre catro equipos que mandou a Dwight Howard ós Los Angeles Lakers.

O 21 de febreiro de 2013, McRoberts foi traspasado ós Charlotte Bobcats a cambio de Hakim Warrick.

O 14 de xullo de 2014, McRoberts asinou cos Miami Heat un contrato de 4 anos e 23 millóns de dólares.HEAT Signs Josh McRoberts

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en Indianápolis, Indiana Categoría:Nados en 1987 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks