Valparaíso é unha das 16 rexións do Chile. A súa capital é a cidade de Valparaíso. É sede do Congreso Nacional e tamén do ministerio de Cultura. Xunto aos municipios lindeiros de Viña del Mar, Concón, Quilpué e Villa Alemana, forma o Gran Valparaíso, sendo a segunda cidade máis poboada de Chile, con 1.300.000 habitantes.
A rexión de Valparaíso é o centro universitario máis importande do país. Ten 13 universidades e centros de formación técnica, con máis de 200 mil estudantes.
As comunas do Gran Valparaíso tamén reciben máis de 4 millóns de turistas por ano, dos cales un 50% son nacionais e un 30% son arxentinos, 12% brasileiros e 8% americanos e europeos.
As principais actividades económicas da rexión corresponden ao sector portuario e ao sector terciario, sendo a industria do turismo a máis próspera.
Valparaíso é coñecida como a capital cultural, lexislativa e turística de Chile, é a terceira rexión máis poboada despois de Santiago e Bio Bio, e ten a segunda cidade máis poboada, que é Valparaíso.
Limita polo oeste co océano Pacífico, polo leste coa Arxentina, polo norte coa rexión de Coquimbo, polo sueste coa Rexión Metropolitana de Santiago e a suroeste coa rexión de O'Higgins.
División administrativa da rexión A Rexión de Valparaíso, para efectos de goberno e administración interior, divídese en sete provincias:
Provincia Área en km2 Poboación Capital Valparaíso 2 146* 876 022** Valparaíso San Antonio 1 511,6 136 594 San Antonio Quillotta 1 112* 229 241** Quillota Petorca 4 588,9 70 610 La Ligua San Felipe de Aconcágua 2 659,2 131 911 San Felipe Los Andes 3 054,1 91 683 Los Andes Illa de Pascua 163,6 3 791 Hanga Roa Marga-Marga 1179* Quilpué * Áreas aproximadas ** Poboación anterior á creación da provincia de Marga-Marga
Para fins de administración local, as provincias subdivídense en 38 comunas.
250pxProvinciaCapitalComuna Illa de Pascua Hanga Roa1 Illa de Pascua Los Andes Los Andes 2 Calle Larga 3 Los Andes 4 Rinconada 5 San Esteban Petorca La Ligua 6 Cabildo 7 La Ligua 8 Papudo 9 Petorca 10 Zapallar Quillota Quillota 11 Hijuelas 12 La Calera 13 La Cruz 15 Nogales 17 Quillota San Antonio San Antonio 18 Algarrobo 19 Cartagena 20 El Quisco 21 El Tabo 22 San Antonio 23 Santo Domingo San Felipe de AconcáguaSan Felipe 24 Catemu 25 Llaillay 26 Panquehue 27 Putaendo 28 San Felipe 29 Santa María Valparaíso Valparaíso 30 Casablanca 31 Concón 32 Juan Fernández 33 Puchuncaví 35 Quintero 36 Valparaíso 38 Viña del Mar Marga-Marga Quilpué 14 Limache 16 Olmué 34 Quilpué 37 Villa Alemana Véxase tamén
Valparaíso