Signs é un filme de ciencia ficción e terror escrito e dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou no 2002. Foi producido polo propio Shyamalan, Frank Marshall, Kathleen Kennedy e Sam Mercer. Foi distribuído comercialmente por Touchstone Pictures nos cines, e por Touchstone Home Entertainment no formato de vídeo. A historia céntrase nun antigo sacerdote episcopaliano chamado Graham Hess, interpretado por Mel Gibson, que descobre unha serie de círculos nos cultivos da súa granxa. Hess descobre pouco a pouco que o fenómeno é produto de vida extraterrestre. Tamén está protagonizado por Joaquin Phoenix, Rory Culkin e Abigail Breslin. Signs explora temas como a fe, a bondade e o extraterrestre.Shyamalan, M. Night (Director). (2002). Signs [Motion picture]. United States: Touchstone Pictures.
Despois da súa estrea nos cines dos Estados Unidos o 2 de agosto de 2002, o filme recadou $227 966 634. Gañou $180 281 283 máis a través da estrea internacional do filme, conseguindo un total de $408 247 917. Considerando o seu orzamento de $72 millóns, foi considerado un grande éxito financeiro, ademais de ter unha boa acollida por parte da crítica, que eloxiou a atmosfera e a historia. O filme foi nomeado a numerosos premios, incluíndo o da Sociedade de Críticos de Cine en Liña e os Premios Empire.
Sinopse Graham Hess (Mel Gibson) é un pastor protestante que vive cos seus dous fillos (Rory Culkin e Abigail Breslin), e co seu irmán Merrill (Joaquin Phoenix), unha antiga estrela do béisbol que traballa nunha gasolineira. Despois da morte da súa muller nun accidente de tráfico, Graham perde a fe e, en consecuencia, abandona ós seus fregueses. Unha boa mañá, ó espertar, decátase de que os seus fillos non están na casa e que os cans non deixan de ladrar. Atópaos nos campos de millo que rodean a súa granxa, onde os nenos fixeron un descubrimento aterrecedor: un misterioso debuxo de círculos e liñas de máis de 150 metros de lonxitude apareceron nos campos de millo inexplicablemente.
Personaxes Mel Gibson como Reverendo Graham Hess Joaquin Phoenix como Merrill Hess Rory Culkin como Morgan Hess Abigail Breslin como Bo Hess Cherry Jones como Oficial de Policía Caroline Paski Patricia Kalember como Colleen Hess Michael Showalter como Lionel Prichard. M. Night Shyamalan como Ray Reddy
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por M. Night Shyamalan Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes de The Kennedy/Marshall Company Categoría:Filmes de Blinding Edge Pictures Categoría:Filmes sobre relixión