Daniel Bartolotta Pereira, nado en Montevideo o 9 de xaneiro de 1951, é un exfutbolista uruguaio. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria Na tempada 1975–76 fichou polo Real Oviedo, co que descendeu a Segunda División.
Na tempada 1978–79 foi contratado polo Deportivo da Coruña e na súa primeira campaña participou tan só en 7 partidos, sendo máis habituais no seu posto xogadores como Alfonso Castro, Pousada ou José Manuel Traba. No seu seguinte ano na Coruña o seu papel foi máis regular, participando en 21 encontros, pero non logrou evitar o descenso do equipo a Segunda División B por primeira vez na súa historia.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña