Alfonso Ortega Casasnovas, nado o 3 de agosto de 1930 en Ribadavia, é un adestrador galego de atletismo especializado en fondo.
Traxectoria
Profesor mercantil. Foi adestrador oficial da Real Federación Española de Atletismo nas Olimpíadas de México 1968, Múnic 1972 e Atlanta 1996. Adestrou entre outros a Javier Álvarez Salgado e Julia Vaquero. En 2010 o Consello Superior de Deportes concedeulle a medalla de prata ao mérito deportivo.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Galegos.info
Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1930 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Adestradores de Galicia