A expresión Guerra anglo-española pode referirse a algún dos diversos enfrontamentos armados que, ao longo da historia, España mantivo cos países antecesores do Reino Unido: o Reino de Inglaterra, a Commonwealth (1649–1660), o Reino de Gran Bretaña (1707–1800) ou o Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda (1801–1927):
1585–1604: aínda que con anterioridade os exércitos de ambos os países estiveron enfrontados na guerra de Flandres que se desenvolvía nos Países Baixos, as desavinzas políticas, económicas e relixiosas conduciron ao enfrontamento directo na guerra anglo-española de 1585-1604; 1625–1630: inmersos na guerra dos Trinta Anos, que desde 1618 se viña librando en Europa, ambos os países enfrontáronse na guerra anglo-española de 1625-1630; 1654–1660: a rivalidade comercial nas Indias occidentais provocou nestas datas un novo enfrontamento entre España e a Commonwealth inglesa baixo o goberno de Oliver Cromwell, a guerra anglo-española de 1655-1660; 1702–1714: despois da morte sen descendencia de Carlos II de España (da Casa de Austria) e o ascenso ao trono español de Filipe V (da Casa de Borbón), en 1702 a Grande Alianza á que pertencía Inglaterra declarou a guerra a España e Francia, na que se chamaría a guerra de sucesión española; 1718–1720: España enfrontouse contra a Cuádrupla Alianza, da que formaba parte Gran Bretaña, na guerra da Cuádrupla Alianza; 1727–1729: nun intento errado de recuperar Xibraltar, contrariamente ao establecido no tratado de Utrecht de 1713, ambos os países enfrontáronse na guerra anglo-española de 1727-1729; 1739–1748: Guerra da orella de Jenkins, conflito colonial que a partir de 1742 viuse integrado na guerra de sucesión austríaca librada en Europa; 1761–1763: en 1761 España entrou na guerra dos Sete Anos, que se viña librando desde 1756; 1779–1783: en 1779 España entrou na guerra de independencia dos Estados Unidos como aliada de Francia, en virtude dos Pactos de Familia que ambos os estados mantiñan; 1796–1808: despois da firma do tratado de San Ildefonso de 1796, España abandonou a Primeira Coalición contra a Francia revolucionaria e aliouse con Francia nas Guerras revolucionarias francesas. A ruptura da Paz de Amiens de 1802 suporía a continuación do conflito nas Guerras napoleónicas.