Argentona é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. Está a 4 km de Mataró e a uns 30 km de Barcelona.
Xeografía Argentona está situada na parte central da comarca, e vai desde os pés da Cordilleira Litoral ata preto da costa. Limita con Dosrius e la Roca del Vallès ao norte, con Mataró ao leste, con Òrrius polo oeste e con Cabrera de Mar ao sur.
Demografía Conta cunha poboación de 12 745 habitantes (INE 2022).
Lugares de interese Museo do Càntir, dedicado especialmente á cerámica tradicional pola auga. Castelo de Burriac, no municipio de Cabrera de Mar e con acceso desde Argentona. Casa Garí, modernista, do arquitecto Josep Puig i Cadafalch. Casa Puig i Cadafalch, modernista, do arquitecto Josep Puig i Cadafalch. Masía de Can Cabanyes (s.XVI), con fachada de estilo plateresco. Igrexa de Sant Julià (s.XVI).
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona