Nikola Vučević (en serbio cirílico: Никола Вучевић), nado en Morges (Vaud, Suíza) o 24 de outubro de 1990, é un xogador profesional de baloncesto montenegrino que xoga nos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2011, Vučević foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Philadelphia 76ers. Durante o lockout da NBA de 2011, Vučević xogou no KK Budućnost Podgorica de Montenegro. Asinou cos 76ers o 9 de decembro de 2011.

O 10 de agosto de 2012, Vučević foi traspasado ós Orlando Magic no traspaso entre catro equipos que mandou a Dwight Howard ós Los Angeles Lakers.

O 25 de marzo de 2021, Vučević foi traspasado xunto a Al-Farouq Aminu ós Chicago Bulls, a cambio de Wendell Carter Jr., Otto Porter e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft. Vučević debutou cos Bulls o 27 de marzo de 2021, facendo 21 puntos, 9 rebotes e 4 asistencia na derrota de Chicago contra os San Antonio Spurs por 120–104.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados no cantón de Vaud Categoría:Xogadores de baloncesto de Montenegro Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do KK Budućnost Podgorica Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls